Traxedia en Compostela
Preto de 60 mortos ao descarrilar un tren en Santiago.
Apúntase ao exceso de velocidade como causa do suceso, aÃnda que a ministra Ana Pastor dixo que “aÃnda non sabemos as causas do accidente”
Preto de 60 persoas faleceron e setenta resultaron feridas esta noite nas inmediacións de Santiago de Compostela nun accidente de tren, no que viaxaban máis de 200 pasaxeiros, e que é o primeiro mortal nunha liña de Alta Velocidade. O sinistro rexistrouse ás 20.41 horas, cando trece vagóns dun tren Alvia, no que viaxaban 247 pasaxeiros e que cubrÃa a ruta entre Madrid e Ferrol, descarrilaron nun accidente cuxas causas se están investigando, e cuxa primeira hipótese apunta a un exceso de velocidade, segundo indicaron a Efe fontes da investigación.
O Ministerio do Interior xa descartou que se trate dun atentado e o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, indicou no lugar do sinistro que non teñen “ningún indicio de que fose unha causa externa”, aÃnda que non quixo descartar ningunha hipótese. Renfe informou a Efe de que o tren, un Alvia que cubrÃa a ruta Madrid-Ferrol-, descarrilou nunha curva á entrada da estación de Santiago, no primeiro accidente mortal nunha liña de Alta Velocidade en España.