Até 12 organizacións reclaman nun manifesto ”soberanÃa” para acabar ”co atraso secular” da Galiza
Agir, Bloque, Briga, Causa Galiza, CIG, COG, Comités, Fruga, Galiza Nova, Isca!, Liga estudantil e Nós-UP fan pública unha declaración conxunta co gallo do DÃa da Patria. É a segunda acción que promoven conxuntamente após a manifestación do 3 de Marzo
“Na carencia de soberanÃa radican a inmensa maiorÃa dos graves problemas que padecemos como pobo e como nación” e o “atraso secular” que carrexa Galiza deriva “da explotación económica, da dominación polÃtica e da asimilación cultural” á cal se ve sometida por España, un estado que non permite o exercicio do dereito de autodeterminación recollido nos tratados e protocolos internacionais.
Nestes termos foi redactado o manifesto conxunto en prol da soberanÃa para o pobo galego que veñen de facer público 12 organizacións que o 3 de marzo promoveron unha mobilización conxunta baixo o lema ‘Fronte á corrupción e á destrución social e cultural, soberanÃa nacional’. AsÃ, asinan o escrito Agir, Bloque, Briga, Causa Galiza, CIG, COG, Comités, Fruga, Galiza Nova, Isca!, Liga estudantil e Nós-UP.
Todas cadran no seu convencemento de que a situación social e actual do noso PaÃs “serÃa outra” se posuÃse un sistema financeiro propio e se puidese facer parte de maneira directa e sen intermediarios nas negociacións que se realizan en Bruxelas ao redor das polÃticas agrogandeiras, pesqueiras “ou as que están a rematar co noso sector naval”.